Fran Nogueira e Iván González queren sorprender en Perlío

Fran Nogueira e Iván González queren sorprender en Perlío

07 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O I Certame de Monólogos do Son de Cociña, que este establecemento de Perlío organiza ao longo do mes de febreiro, arrinca mañá sabado dia 8 coas actuacións de Fran Nogueira e Iván González, os dous procedentes da Escola de Teatro de Narón.

Fran Nogueira era o pallaso entre os amigos e daí a sua bis cómica. Estuda o ultimo curso de Ciencias do Deporte pero asiste tamén ás clases da Escola de Teatro de Narón e recibe outros cursos na Coruña. Para a súa actuación no Son de Cociña en Perlío preparou un monólogo que ten dous protagonistas; Superman e Francisco Franco. Para este xove actor é maís complicada a preparación do guión que poñerse diante do público.

Iván González, que sairá mañá en primeiro lugar, ás 22,30 hores xa rematou os cinco anos de preparación na Escola de teatro de Narón. Adícase ao teatro amador, anque lle gostaria ser profesional disto. Móvese ben cerca do público, con experiencias como os monólogos.   

Pasarán polo Certame un total de seis monologuistas que actuarán a razón de dous cada fín de semana. Hai profesionais, amateurs e principiantes, e proceden de diferentes lugares da comarca.

A primeira noite será este sabado dia 8.

Sábado 8 22:30 Ivan Gonzalez.
Sabado 8 23:00 Fran Nogueira, de Ferrol.

Despois será sempre en venres:

Viernes 14 22:30 Sergio Rios de Pontedeume.
Viernes 14 23:00 Mila da Chousa de Fene.

viernes 21 22:30 Mr Nymus de Ferrol.
Viernes 21 23:00 La bella Noemí de Narón.

Sociedade