Francisco Cruz, aspirante á reelección na presidencia da Cámara de Comercio

Francisco Cruz, aspirante á reelección na presidencia da Cámara de Comercio

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ao redor de quince mil oitocentos empresarios das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal están chamados a votar o vindeiro 22 de abril para escoller aos membros do próximo pleno da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. Despois de doce anos ao fronte do órgano cameral, o empresario Francisco Cruz aspira a ser reelexido no cargo, aínda que, desta vez, terá como opoñente a un “peso pesado” da política comarcal: o exalca

Para Francisco Cruz, a mellor carta de presentación coa que se enfronta a este proceso electoral “son os anos de xestión e de proxectos realizados como presidente da Cámara de Comercio de Ferrol”.

Nunha entrevista en Radiofusión, salientou coma os principais logros conseguidos, a recuperación do antigo edificio do organismo cameral como viveiro de empresas, a construcción dun novo centro de formación ou o novo centro de negocios que se está a levantar no porto exterior. Tratáse, segundo o actual responsable da Cámara, “dunha infraestructura fundamental por canto vai permitir ás pequenas empresas, que non teñen oportunidade de ter chan portuario, dispoñer dun espazo no que poder operar na súa actividade dentro das instalacións do porto”.

Completar e concluír os proxectos xa iniciados é o reto fundamental que se marca Francisco Cruz como aspirante á reelección na presidencia da Cámara de Comercio. Ademais, o empresario avoga por seguir apoiando ao tecido empresarial da bisbarra dende o punto de vista da formación, dotación de infraestructuras e desenvolvemento de programas de I+D a través do Consello Superior de Cámaras.

Sociedade