Francisco Delgado (Europa Laica): “É escandaloso como os políticos se dan de tortas por pasaren uns minutos co Papa”

Francisco Delgado (Europa Laica): “É escandaloso como os políticos se dan de tortas por pasaren uns minutos co Papa”

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Non se debería recibir con honras de Estado ao xefe dunha organización relixiosa fundamentalmente mercantil”, defendeu nos micrófonos de Radiofusión o presidente de Europa Laica, Francisco Delgado, ao respecto da visita do Papa. Na súa opinión, a Igrexa negocia a súas viaxes “en termos económicos” e láiase do custe que a presenza de Bieito XVI terá nas arcas públicas. “A

Os custes da visita do Papa non serán só económicos, segundo entenden desde Europa Laica. “Polo que parece, a viaxe acordouse nunha xuntanza na que o Goberno se comprometeu a non retirarlle a Igrexa Católica ningún dos privilexios dos que goza e a paralizar a Lei de liberdade relixiosa”, apunta Francisco Delgado.

O presidente desta asociación estatal en defensa do laicismo que, onte se presentou oficialmente en Galicia, critica tamén o papel dos representantes políticos. “Resulta escandaloso ver como algúns se dan de tortas por estaren uns minutos co Papa”. A ese respecto, reitera que Bieito XVI vén a Galicia como xefe dunha congregación relixiosa e non como representante dun territorio. “O Vaticano é unha ficción de Estado concedida no seu día por Mussolini”, defendeu.

Sociedade