Francisco Hurtado: “En tempos de bonanza son ben recibidos e coa crise expulsámolos”

Francisco Hurtado: “En tempos de bonanza son ben recibidos e coa crise expulsámolos”

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Abordar os novos retos aos que se enfrontan os servizos sociais comunitarios e especializados na intervención co colectivo migrante é o reto principal das VIII Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade que arrincan hoxe en Arteixo. A ONG Ecos do Sur organiza este foro co patrocinio da concellería de servizos sociais do Concello de Arteixo e acolaboración da ONG Mestura. Desenvolveranse hoxe e máis mañá no Centro Froxel da

A temática das xornadas versará sobre os servizos sociais e Inmigración. Debaterase entroutros aspectos cómo afectan factores como a crise económica ou as novas regulacións en materia de extranxería na intervención social co colectivo migrante.“Pásase por unha situación complicada por falta de financiación de recursos e o desemprego afceta máis a este colectivo” indicou esta mañá en Radiofusión o director de Ecos do Sur, Francisco Hurtado. Nos tempos de bonanza, engade, foron os inmigrantes os que ocuparon os postos de traballo rexeitados pola poboación autóctona e grazas a ele acadáronse cotas importantes de beneficios.

Daranse a coñecer pautas efectivas de actuación cos mesmos para os profesionais do sector público e do terceiro sector galegos para potenciar a transversalidade, o traballo en rede e a participación das persoas beneficiarias. Técnicos e cargos da localidade catalán de Vic, onde residen moitos inmigrantes, aportarán a súa experiencia e as liñas de traballo. Establecerase un punto de encontro entre os profesionais que propicie a creación de novas redes de traballo e, por ende, a apertura de novos proxectos locais en Galicia no ámbito da migración. En resumo, promover a interculturalidade como eixe do desenvolvemento social actual do nosos país. ”Aínda existen comentarios xenófobos e racistas contra os inmigrantes, que se teñen que desbotar”, salienta o director da ONG. 

Realizaranse dous obradoiros, o primeiro para explicar a tramitación de papeis e un curso conxunto para traballar en rede e ordenar conxuntamente a intervención mediante a figura dun mediador intercultural. Estas xornadas están moi asentadas como reflicte o número de participantes nesta oitava edición, 50 en total. Un foro pioneiro nesta materia en Galicia. 

Sociedade