Francisco Jorquera: “Ferrol precisa compensacións”

Francisco Jorquera: “Ferrol precisa compensacións”

04 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar no Congreso dos Deputados unha Proposición Non de Lei sobre cuestións da cidade de Ferrol pendentes por parte do goberno español. A formación nacionalista, a través do seu voceiro, Francico Jorquera, insta ao executivo central á compensación dos gastos dos bens inmobles, pertencentes ao Ministerio de Defensa, ubicados na cidade departamental exentas de tributación. Ademais o BNG esixe a Navantia o pa

Francisco Jorquera sinalou, esta mañá en Ferrol, que con esta proposición diminuirase a dependencia da cidade co Ministerio de Defensa. O nacionalista achacou a carga tributaria dos ferroláns a “tanta instalación de Defensa exenta de impostos”. Para diminuir esta cantidade é necesario arbitrar unha solución que pasaría pola compensación de carácter permanente a cargo dos Presupostos Xerais do Estado polo enorme gasto que implican estes bens exentos de tributación, explicou. Asemade requírese o pago das débedas acumuladas no imposto do IBI por Navantia.  

No eido urbanístico, o voceiro nacionalista demanda ao goberno central, a desafectación dos bens inmobles en desuso ubicadas en ferrol dependentes de Defensa e o traspaso da súa titularidade ao concello. Ademais reclama a demolición e susbtitución da muralla entre a porta de Navantia e o edificio de Herrerías.

Institucional