Fuga em rede e o conflito palestino-israelí

Fuga em rede e o conflito palestino-israelí

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Unha charla sobre a situación en Israel e Palestina, é unha das actividades incluidas na I Semana Cultural organizada polo IES nº 1 de Ordes (A Coruña) entre o 12 e o 19 de abril. Esta iniciativa xorde a imaxe da exitosa Semana da Ciencia, organizada desde hai catro anos polo departamento de Matemáticas do Instituto de Ensino Secundario e, deste xeito, quérese completar esta proposta , pero dende o ámbito doutras materias consideradas como “de letras&rdqu

A pretensión do profesorado e do equipo directivo é ofrecer a alumnos e alumnas visións diferentes, se ben complementarias, de aspectos abordados en distintas disciplinas do currículo dos cursos de ESO e do ensino postobrigatorio.  O colectivo de acción social Fuga en rede abrirá a semana o luns dia 12 cunha charla sobre o conflito palestino-israelí. O grupo Teatro do oprimido escenificará a obra “Trocando peles"  o martes 13, o que dará paso o mércores 14 a unha charla do antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro. O escritor e debuxante Anxo Fariña dirixirá un obradoiro de banda deseñada e membros de Pallasos en Rebeldía aportarán unha mirada indíxena ao conflito de Chiapas. O venres 16 celebraráse no Instituto o Dia do Xogo Popular e Tradicional, e a semana cultural finalizará o luns dia 19 cun obradoiro sobre escritura antiga, impartida polo profesor Fernando Lillo.

Sociedade