A Fundación Jove pon en marcha un proxecto para loitar contra o fracaso nas adopcións

A Fundación Jove pon en marcha un proxecto para loitar contra o fracaso nas adopcións

20 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Arredor dun 2% das adopcións conclúen co retorno dos nenos ao seu lugar de orixe e nun 12% dos casos prodúcense graves problemas de adaptación. Para loitar contra cifras coma estas as Fundacións María José Jove e Rosa Caja Mediterráneo decidiron sumar forzas e por un proxecto que cualifican de “pioneiro”. Baixo o título de A adopción: pasado, presente e futuro reúnense variadas propostas que se van pór e

O proxecto baséase tres liñas de actuacións: sesións temáticas, obradoiros de apoio e unha campaña de sensibilización. En canto ás primeiras, arrincarán o 6 de febreiro cunha conferencia da doutora en Antropoloxía Social da Universidade Autónoma de Barcelona, Diana Marre, e desenvolveranse ata o 17 de abril coa participación de expertos en dereito, educación, pedagoxía ou protección infantil.

Os obradoiros de apoio, pola súa banda, perseguen que as familias expoñan as súas problemáticas concretas co fin de que os expertos os axuden a buscar vías de solución. Por último, a campaña de sensibilización pretende que sexan os propios nenos os que, a través da arte, expresen os seus sentimentos arredor da adopción.

A presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, expresou en Radiofusiòn a súa confianza en que, a través destas iniciativas, se consiga reducir o número das chamadas adopcións fracasadas; é dicir, aquelas nas que o rapaz retorna ao seu lugar de orixe. O obxectivo último, explicou, é protexer os nenos. 

Sociedade