Gañamos en competitividade

Gañamos en competitividade
23 de Setembro, 2019 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote 1 – 1 A Capela. Reparto de puntos na Segunda Galicia de fútbol. “Estou moi satisfeito cos rapaces, este ano gañamos en competitividade, aínda que non estamos contentos co resultado de onte porque tivemos mala fortuna” manifesta o adestrador do Pote Manuel Freire.

ESCOITA O PODCAST:
Alex Castro e Carlos Arnoso

O porteiro Carlos Arnoso permaneceu atento todo o partido, pasou boa parte do tempo fora da área sen moito traballo, pero na segunda parte ofreceu dúas boas intervencións. "Despois de recibir o gol do Capela, tras uns minutos eivados, fixemos unha última media hora moi boa" indica o técnico. O equipo conta este ano con vintedous ou vintetrés xogadores para cada partido, co que o adestrador pode realizar o seu labor.

Deportes

Publica o teu comentario agora