Gañamos en ilusión, afirma Lucía Lago

Gañamos en ilusión, afirma Lucía Lago

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Gañamos en ilusión, afirma a xogadora do Universitario Ferrol Lucia Lago. O equipo da Liga Femenina 2 de baloncesto visita este sábado ao Ensino de Lugo, un dos equipos da zona baixa da clasificación. A confianza é mala compañia, para un Universitario que necesita a victoria se quere manter as aspiracións de colarse nas prazas de promoción.

Moitas xogadoras novas e un adestrador novo. Comezou así a competición o equipo de baloncesto feminino de Ferrol e por iso necesitou coñecerse para gañar en ilusión. Así chegamos a onde estamos, segundo afirma Lucía Lago.

Outra das xogadoras Iria Villar, califica como desastroso o comezo de Liga. Por iso, é ainda máis valiosa a súa cuarta posición da actualidade. Non pensábamos chegar tan lonxe, manifesta Iria.

Deportes