ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un "salpicón de rape con cítricos" do Pacha e a "fajita Don Quijote" do Lembranza, as tapas preferidas do público e do xurado, nas categorías tradicional e creativa, respectivamente. Eladio Rivas, veciño de Sillobre, gañou a gran premio dunha viaxe a Londres.
Os organizadores do XII Certame de Tapas de Fene amosaron a súa satisfacción pola cantidade de persoas do concello e de fora, como demostraron os premios que se foron para Arteixo, A Coruña, Pontedeume, etc, que visitaron os estalecementos participantes no concurso. Un total de 2.738 tarxetas depositáronse nas urnas e foron 101 persoas as que cubriron a Fenerruta. Os once establecementos participantes recibiron un diploma e os premiados saíron cunha placa cerámica que lles outorga o recoñecemento do público ou ben do xurado.
Os máximos galardóns, é dicir, os locais que se levaron os primeiros premios do xurado e do público foron, na categoría de tapa tradicional, o Pachamama e na categoría creativa, o Lembranza. Un e outro situados a escasos metros entre a Avenida do Concello e a Avenida Naturais de Fene. Resultaron subcampións, a criterio do público, Jessy Bar de Maniños (tapa tradicional) e O Son de Cociña (tapa creativa). Os segundos premios, a criterio do xurado, merecéronos: Tívoli (tapa tradicional) e O Son de Cociña (creativa).
O presidente da asociaicón de comerciantes, hosteleiros e servizos "O Cruceiro", Juan Ramos, valorou moi positivamente o número de clientes que se achegaron a probar as tapas en tres fíns de semana e sobretodo a demostración de que aínda pagando 1,50 euros, a xente acude. Á calidade das tapas referiuse o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, quen animou a sumarse a máis hosteleiros na próxima convocatoria. O edil responsable de Promoción económica, Juan José Franco, declarou que serán os propios hosteleiros quenes decidan se lles gusta máis o mes de novembro ou a primavera para convocar a próxima edición do 2010. Desvelou que xa están preparando a posibilidade de dar unha formación culinaria aos hosteleiros que o desexen, previa ao concurso.
Publica o teu comentario agora