A gaita contará con casa de seu en Cotobade

A gaita contará con casa de seu en Cotobade

20 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Casa da Gaita, o primeiro museo galego dedicado ao noso instrumento tradicional por excelencia, abrirá as súas portas o vindeiro sábado día 26 en Cotobade. O seu obxectivo é ofrecer ao visitante un percorrido pola historia e características da gaita de fol, así como render homenaxe a un dos grandes músicos galegos, Ricardo Portela, natural deste concello pontevedr&eacut

O Concello de Cotabade, en colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, impulsou a conversión en museo dunha antiga escola unitaria recentemente restaurada. As novas instalacións non só acollerán numerosas gaitas antigas, senón tamén outros instrumentos musicais que as adoitan acompañar, como tambores, bombos, clarinetes, frautas ou requintas cedidos por varios coleccionistas. Asemade, contará cunha exposición de fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como recursos multimedia que explican a historia e construción de todos instrumentos musicais galegos. Unha segunda mostra está dedicada á figura de Ricardo Portela, presidente de honra da Asociación de Gaiteiros Galegos e considerado un dos grandes referentes dos músicos de raíz da nosa terra.

Cultura