As gaitas resoan orgullosas en Ourense

As gaitas resoan orgullosas en Ourense

11 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Pór en valor de xeito lúdico a música tradicional galega é o fin que persegue a celebración do Día do Orgullo Gaiteiro. Ourense acolle hoxe e mañá a sexta edición deste evento no que este ano se lle rende homenaxe a Faustino Luis Seoane, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

70 anos en activo leva Faustino Luis Seoane, gaiteiro da localidade da Gudiña que pode presumir, entre outros logros, de formar parte da compilación de gravacións sobre sons tradicionais que realizou nos anos 50 o musicólogo Alan Lomas. Canda ao veterano intérprete, recibirán homenaxe a investigadora suíza Dorothé Schubarth e o filólogo galego Antón Santamarina.

O programa da sexta edición do Día do Orgullo Gaiteiro inclúe tamén conferencias, actuacións e unha cea de confraternización. Un amplo abano de actividades que, segundo declarou un dos seus organizadores a Radiofusiòn, demostran que “a música tradicional galega está moi viva”.

Sociedade