Gala solidaria

Batuko Tabanka organiza Xuntar as mans - Djunta mô
25 de Decembro, 2019 - 04:46 h. | Publicada por Radio Burela

Burela acolle o 26 e 28 de decembro unha serie de actividades de irmanamento entre a localidade da Mariña e Cabo Verde.

Batuko Tabanka son un grupo de mulleres Caboverdianas que chegaron á Mariña de Lugo hai máis de catro décadas e que atoparon en Burela un espazo de encontro acolledor para a súa cultura. Matriarcas que gostan de participar no asociacionismo do pobo para construír puntos de encontro interxeracionais.

XUNTAR AS MANS - DJUNTA MÔ

Pretende crear un encontro artístico entre mulleres e homes de Cabo Verde e Galiza. Unha gala que reflicta a nosa forza solidaria e integradora coa enerxía da música e da palabra. Queren convidar a un músico Cabo Verdiano ao evento para aproveitar e facer un segundo diagnóstico sobre a súa cegueira. Todo o recadado na gala será destinado a material educativo e sanitario para a aldea de Porto Mosquito que se enviará no mes de febreiro nun contentor.

Xoves 26

Viaxe gastronómica a Cabo Verde polos bares de Burela- Tapas con música en directo.

Sábado 28

Obradoiros de batuko. Audiovisual, fotografía e Gala Solidaria. Artistas convidadas: Guadi Galego, Ugía Pedreira, Loliña de Ribeira, Uxía Senlle, Moreninhas, Banda Crioula, Batuko Tabanka e Álex Djimmy.

Cultura

Publica o teu comentario agora