A Galaxia Imaxinaria, de planeta en planeta

A Galaxia Imaxinaria, de planeta en planeta

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mediados do mes de Maio inaugurase no parque Castelao de Fene a Galaxia Imaxinaria, un sitio de lecer orixinal no que os planetas conforman os diferentes espacios. Tratase dun parque público para disfrutar por parte dos veciños-as do concello pero concebido tamén como un lugar de visita turística ao ubicarse nun sitio estratéxico, en pleno camiño inglés e na ruta do humor perto do Museo.

A estructura componse de diferentes planetas que conteñen unha pista de skate para os rapaces; un auditorio para falar, un parque biosaudable con aparellos de ximnasia suave para os maiores; unha cova , unha fonte con auga, etc.

A galaxia Imaxinaria trazouse co apoio do Plan de Dinamización Turística Ferrol- Ortegal, daí a sua vocación de servir de atractivo turístico, segundo o concelleiro de Promocion económica de Fene, Manuel Polo. A mediados de maio está prevista a inauguración da Galaxia Imaxinaria, á que lle quedan neste momento pequenos detalles para a sua finalización, pero sobretodo a preparación das zonas verdes e a iluminación.

O dia da apertura vai ser un dia moi espacial e cheo de sorpresas porque, segundo o pouco que adiantou Manuel Polo, se irá inaugurando cada espacio con actividades diferentes para as que está pensado. Sobre a casa de Cela, ubicada en pleno parque Castelao, Polo aposta por rematala de inmadiato porque, segundo declarou, o proceso xudicial non impide que se rematen as obras.

Sociedade