Galego contesta á rebaixa do IBI

Galego contesta á rebaixa do IBI

16 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene contestou rápido ao escrito asinado por 700 veciños-as no que demandan a rebaixa do Impostop de Bens Inmóveis. Gumersindo Galego contesta que sí pero, cando se poida. E iso será cando o Concello cancele a débeda bancaria, afirma Galego. Débeda que, a día de hoxe, ascende a 1.167.000 euros, da que cada ano se amortizan uns 450.000 euros. Con esas previsións, cancelarase dentro de dous anos. Expresábase así en

Explica Galego que xa se ten falado deste tema entre a corporación municipal e explica que en caso de levalo a cabo habería que estudar a maneira porque, non está disposto neste momento a rebaixar o IBI a Navantia. Sinala ademais que algúns datos do escrito presentado son interesados e parciais ou falsos. E aclara que neste mandato non se aprobou ningún incremento, nin do IBI nin de ningún outro imposto municipal. Así contestou o alcalde fenés en Radio Fene, no espacio As Foxas, desta mañá.

Taxa saneamento

Tamén falou da taxa polo saneamento da ría que cifrou aproximadamente nos 70- 75 euros aunais a pagar repartida en catro trimestres e que, segundo afirmou, non empezará a pagarse ata o verán, mentras está asumindo o concello os gastos da depuración.

Auga a Magalofes máis perto

Adiantou Gumersindo Galego tamén que hai boas perspectivas en relación cos terreos que o concello está estudando para ubicar neles os depósitos da auga que suministrarías as parroquias de Magalofes e San Marcos en Sillobre. De momento reúnen as características pero falta pechar alguns aspectos, aínda que hai boas perspectivas.

Sociedade