Galego, todo o que buscas

Galego, todo o que buscas

04 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O Correlingua, actividade lúdico-educativa de reivindicación da lingua galega, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega–Ensino e a Mesa pola Normalización lingüística, xunto cos Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo,  chegará a Santiago o luns 7 de maio tras o seu paso por Ourense, Narón e A Coruña. Preténdese potenciar o idioma como elemento de comunicaci

As carreiras pola lingua continuarán en Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte para remataren en Viveiro o 16 de maio. O testemuño que percorrerá Galiza reivindicando a plena normalización da nosa lingua, consiste nun manifesto escollido de entre todos os que se presentaron a concurso, e que nesta edición gañou o alumnado de 4º da  ESO do CPI de Pontecesures, que será o encargado de darlle lectura no Correlingua de Santiago.

As festas finais do Correlingua, ademais de contaren coa participación directa do alumnado participante, terán as actuacións -segundo o día e lugar- da actriz Iria Sobrado do grupo gañador do concurso musical Cantalingua 2012, onde o alumnado escolleu que grupo galego para actuar nas festas do Correlingua, e que gañou o grupo Xenderal que actuará en Santiago

Correlingua, é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, e é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participaren nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

O Correlingua, que xa vai pola súa decimo terceira edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, través das diferentes actividades que se propoñen ao longo do curso (concurso de Banda Deseñada, Manifesto, vídeo …), e a través da implicación directa en todas as actividades que rodean as festas finais do Correlingua. Por vez primeira desde os seus inicios, o concello de Santiago non colaborará con esta actividade malia ter sido recoñecida por unanimidade dos grupos do Concello de Santiago a súa importancia na dinamización lingüística do alumnado tal e como se recolle no Plan Xeral de Normalización Lingüística do Concello de Santiago.
No Correlingua de Santiago participará alumnado procedente de 25 centros de ensino primario e secundario das comarcas próximas a Santiago.

Cultura