Galicia arde

Galicia arde

09 de Setembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Continua activo o incendio de Entrimo en Ourense con 2.800 hectáreas afectadas, segundo informa a Xunta de Galicia. Permanece decretada a "Situación 2". O lume detectouse o martes ás seis da tarde e tamén afecta ao municipio de Lobios.

ACTIVOS

Entrimo
Permanece decretada a “Situación 2”, como medida preventiva, no lume activo arestora no concello de Entrimo, parroquia da Illa. Comezou o martes ás 18:46 horas e tamén afecta ao municipio colindante de Lobios. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 2.800 hectáreas, das cales 700 son arboradas. No seu control traballan 1 técnico, 36 axentes, 90 brigadas, 47 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais.

CONTROLADOS

Oímbra
O lume do concello de Oímbra, parroquia de Bousés, que comezou o martes ás 14:05 horas está controlado dende as 00:20 horas. Segundo últimas estimacións, afecta unha superficie de 2.035 hectáreas, das cales 50 son de arborado. Nos labores de extinción levan participado 3 técnicos, 22 axentes, 58 brigadas, 19 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), medios da Deputación de Ourense, bombeiros municipais e efectivos de Protección Civil.

Lobeira
Quedou controlado ás 03:45 horas desta madrugada o lume iniciado ás 7:00 horas de onte no concello de Lobeira, parroquia da Fraga. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 7 son arboradas. No lugar levan traballado 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.

Así mesmo permanece controlado dende as 13:10 horas de onte o outro incendio de Lobeira, na mesma parroquia, que comezaba na madrugada do mércores ás 00:00 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 75 hectáreas, das cales 19 son arboradas. Participan na súa extinción 7 axentes, 19 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

Monterrei
Quedou controlado ás 00:05 horas o lume de Monterrei, parroquia de Vences, iniciado ás 13:56 horas de onte. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 300 hectáreas, das cales 250 son arboradas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 11 axentes, 26 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos de Protección Civil e bombeiros comarcais.

Chandrexa de Queixa
Quedou controlado ás 21:13 horas de onte o lume que se iniciaba no mesmo día ás 17:39 horas no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 38 hectáreas, pero ningunha de arborado. Na súa extinción traballan 1 técnico, 3 axentes, 12 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 3 avións.

Boborás
Dende 17:03 horas de onte está controlado o lume rexistrado no concello de Boborás, parroquias de Brués e Xurenzás, tras comezar ás 16:44 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, sitúase nas 600 hectáreas, das cales 285 son de arborado. No seu control levan traballado 40 axentes, 92 brigadas, 58 motobombas, 4 pas, 5 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos de Protección Civil e de Grupos de Emerxencia Supramunicipais.

Navia de Suarna
O incendio iniciado onte ás 21:08 horas no concello lugués de Navia de Suarna, parroquia de Rao, está controlado desde as 14:55 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 55 hectáreas, das cales só 15 son de monte arborado. No lugar levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 34 brigadas, 21 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

Muíños
O lume rexistrado no concello de Muíños, parroquia de Requiás, declarouse ás 06:45 horas do martes e quedou controlado ás 19:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 800 hectáreas (50 de arborado), todas elas dentro do Parque Natural do Xurés. No seu control traballaron 2 técnicos, 9 axentes, 38 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 7 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

Tamén quedou controlado ás 9:05 horas desta mañá o lume rexistrado neste mesmo concello, parroquia de Parada de Ventosa, tras iniciarse ás 18:00 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 67 hectáreas, das cales 25 son arboradas. Levan traballando no seu control 6 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.

Chantada
Continúa controlado desde as 06:11 horas do luns o incendio rexistrado na localidade lucense de Chantada, parroquia de Requeixo, que se iniciaba o domingo ás 15:04 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 106,44 hectáreas, das cales 49,14 son arboradas. Levan traballando na súa extinción 1 técnico, 12 axentes, 50 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 13 helicópteros e 3 avións.

EXTINGUIDOS

O Carballiño
Extinguido ás 20:10 horas de onte o lume que comezaba no concello do Carballiño, parroquia de Lobás, o martes ás 22:18 horas. A última estimación de superficie afectada é de 40,8 hectáreas, das cales 38 son arboradas. Na súa extinción participaron 7 axentes, 14 brigadas e 12 motobombas.

Sociedade