Galicia, centro neurálxico da lírica internacional

Galicia, centro neurálxico da lírica internacional

15 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Don Giovanni de Pizzi e a primeira representación en España de El sueño de una noche de verano coa música de Mendelssohn abren no escénico un Festival Mozart que se inaugura co Réquiem de Verdi, co Orfeón Donostiarra e as voces de Arteta, Neil, Zajick e Prestia. Esta edición do festival, que se celebrará nos meses de maio e xuño, presenta novos ciclos de concertos en colaboración cos Museos Científicos e a

A programación do festival arrincará cun recital o 8 de maio da célebre soprano Ainhoa Arteta interpretando “el Réquiem de Verdi” no Teatro Colón Caixa Galicia. O Festival Mozart abrirá a edición lírica 2010 o venres 21 de maio cun Don Giovanni dirixido por Víctor Pablo Pérez e coa dirección escénica de Pier Luigi Pizzi. O teatro musical inclúe ademais “La pequeña flauta mágica”, procedente de Barcelona, como ópera para as familias e “El sueño de una noche de verano” de Shakespeare, posto en escea por Eva del Palacio coa música de escena de Mendelssohn. A representación contará coa Orquesta Sinfónica de Galicia no foso do Palacio da Ópera de A Coruña con Rubén Gimeno como director. O apartado de música e escena rematará as sús propostas co estreno en España dunha ópera de Georg Friderich Haendel, “Giove in Argo”. 

Varios concertos acompañaran as fines de semana entre maio e xuño, desde a Messa da Requiem de Giuseppe Verdi. Ademais este año  contarase  con solistas da talla de Katia e  Marielle Labèque, Andreas Staier e Isabelle Faust ou grupos como o Cuarteto Casals o Tafelmusik dirixido por Bruno Weill e con Ronald Brautigam como solista. Todos eles conformarán unha programación que, por primeira vez, se abre á Coruña e a toda a provincia.  

En colaboración cos Museos Científicos de A Coruña, a Real Academia de Belas Artes, a Deputación da Coruña e a Orquesta Sinfónica de Galicia articularase en varios grupos de cámara para ofrecer un amplo abano de propostas musicais en novos espazos para o Festival como o Planetario da Casa das Ciencias ou a Casa dos Peixes. Unha iniciativa á que  se suma o novidoso Festival Exprés, que levará a música do Festival Mozart a localidades como As Pontes, Betanzos, Boiro, Carballo, Ferrol, Narón, Ortigueira, Rianxo e Vimianzo. O ciclo Festival Das Estrelas permitirá escoitar, en penumbra, a música ao tempo que se proxecta na cúpula un programa de Planetario, mentres que o Festival do Mar servirá tamén para coñecer zonas restrinxidas da Casa dos Peixes nunha visita guiada.   

Cultura