Galicia non debe desaparecer do mapa financieiro español, segundo Touriño

Galicia non debe desaparecer do mapa financieiro español, segundo Touriño

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Galicia non debe desaparecer do mapa financieiro español, asegura o expresidente da Xunta e profesor da Facultade de Económicas de Santiago Emilio Pérez Touriño. O dirixente do PsdeG PSOE reclamou postergar intereses e ambicións persoais e locais en función dos intereses da maioria dos galegos e das galegas.

Se a fusión provoca reticencias, porque non se poden dar pasos intermedios cun SIP ou fusión fría entre Caixa Galicia e Caixa Nova, preguntouse Touriño nun acto celebrado na tarde noite de onte en Fene. O ex presidente da Xunta de Galicia indicou que unha nova institución financieira galega viable e xestionada con profisionalidade podería criar músculo na economia. Pérez Touriño invitou tamén a perder o esquema da propiedade local á hora de deseñar un proxecto que lidere e integre ao pais a partir da activación da rede de cidades.

Touriño tamén valorou o seu paso pola presidencia da Xunta. Salientou que Galicia sempre ocupara o furgón de cola no ranking de crecemento das comunidades autónomas. Entre o 2005 e o 2008 pasou ao primeiro posto e rebaixou de xeito considerable a taxa de paro.Touriño censurou a recente decisión da Xunta de Galicia anulando as directrices de Ordenación do Territorio aprobadas en xullo do 2008. Alegan un problema formal para retirar unhas medidas que definian un modelo territorial e agora se retrasan ata o 2011, concluiu o ex presidente da Xunta.

Sociedade