Galicia, o particular “far west” de Siniestro Total

Galicia, o particular “far west” de Siniestro Total

15 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Country á galega, ao estilo de Siniestro Total, isto é o que nos ofrece a banda supervivente da movida viguesa no seu novo traballo, o décimo oitavo da súa discografía. Country & western, este é o título do álbum que onte saía á venda e no que aluden de xeito reiterado a Galicia. Precisamente, segundo confesou o líder da banda e membro fundador de Siniestro Total, Julián Hern&aa

Con case 30 anos ás súas costas, Julián Hernández (voz, guitarra, mandolina, harmónica, órgano), Óscar Avendaño (baixo, guitarra), Jorge Beltrán (saxo, melotrón, órgano, percusión), Ángel González (batería, percusión) e Javier Soto (guitarra, dobro, slide) marcharon a Houston (Texas, Estados Unidos) para gravar Country & Wester. Novamente contaron para a produción, mestura e masterización con Joe Hardy, a quen xa consideran un máis da banda despois de 17 anos de traballo xuntos. De feito, segundo Hernández, Siniestro Total teñen o récord en canto a anos de relación dunha banda galega cun produtor estadounidense.

Julián, Óscar e Javier son os responsables da composición das 15 cancións do disco (nun tema tamén colabora Esteban Hernández). Rock, blues, swamp, soul, e algunhas pinceladas de country é o que nos ofrece este traballo, no que o grupo galego segue presumindo de irreverencia e retranca.

“Como el aceite y el yang” é o single presentación do traballo. A comezos de outubro iniciarán unha xira que os levará pola xeografía estatal, incluída a galega, onde prevén facer parada no Teatro Salesianos de Vigo e na Capitol de Compostela. Hernández adiantou que nos concertos tocarán os 15 temas do disco, algo pouco habitual, e tamén algún dos seus himnos.

Concibido como un LP de vinilo tanto na duración como na división en Cara A e Cara B, o disco publicouse neste formato e en CD.

Cultura