Galicia pode recibir 9 millóns de visitantes no Xacobeo 2010

Galicia pode recibir 9 millóns de visitantes no Xacobeo 2010

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O turismo é unha actividade que xenera riqueza e emprego. 1 de cada 8 postos de traballo que se crean en Galicia, pertenece a este sector. Somos un destino que non defrauda ao visitante pola paisaxe, pola calidade na gastronomía e pola hospitalidade. A Xunta de Galicia busca manter neste ano 2009 o número de visitantes e agarda un gran aluvión para o 2010.

Entretanto neste 2009, a dirección xeral de Turismo pretende insistir nos mercados de proximidade, facendo fincapé na boa relación calidade- prezo que se ofrece en Galicia para estadías curtas. O departamento dirixido por Rubén Lois González pretende seducir e atraer visitantes a Galicia desde o conxunto da Península Ibérica.


Sociedade