A Galicia que eu quero

A Galicia que eu quero
17 de Xullo, 2020 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

A artista fenesa Carmen Romero será quen lea este ano a Declaración institucional do concello de Fene polo Dia da Patria Galega. O acto será o dia 24 no parque do Río Cádavo.

ESCOITA O PODCAST:

Unha exposición permanente na memoria de Isaac Díaz Pardo inaugurase mañá sabado en Santa Cruz de Oleiros. Entre os artistas seleccionados está a ceramista fenesa Carmen Romero. A ela encargoulle o concello de Fene a Declaración institucional do Día da Patria Galega. Vaina ler o dia 24 de xullo no parque do Río Cádavo ás 20,30 horas. Desa declaración feita desde o corazón, sobre o que ella quere para Galicia, falounos esta mañá Carmen Romero, "como muller e como artista".

Como a moitas persoas do mundo da Cultura, a Carmen Romero, a crise sanitaria truncoulle algúns proxectos como por exemplo a obra de teatro adicada a Pérez Parallé, arredor do poema “Non falarei, non” que ía representarse na sociedade O Pote de Maniños no mes de marzo, e na que ela participa. Tamén quedara truncada a inauguración dunha exposición permanente na memoria de Isaac Díaz Pardo, en Santa Cruz Oleiros, que finalmente se inaugura mañá sabado 18 de xullo, e na que a artista fenesa tamén participa.

A pesar de todos eses reveses, a Carmen Romero sentoulle ben o confinamento porque "tiña todo o barro e todo o tempo do mundo" para poñerse mans á obra. Executou tres obras complexas que nos describe como figuras cheas de brazos, de apertas, e de bicos...

Carmen Romero retomou as clases de cerámica no muíño do Pombal en Maniños hai un mes. Prácelle ensinar e o seu anceio é dar clases de cerámica nos centros escolares porque é unha actividade tan creativa que poder ser un atractivo grande para a infancia.

A outra faceta da nosa artista é o canto. Empezou de nena no coro parroquial, logo cantou con Pérez Parallé e sigue cantando cando de cando en vez. Aproveitou tamén o confinamento para compoñer algunha cantiga que agardamos escoitar pronto.

Cultura

Publica o teu comentario agora