Galicia rexistrou unha baixada de prezos no mes de xullo

Galicia rexistrou unha baixada de prezos no mes de xullo

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

En Galicia baixaron os prezos no mes de xullo con respecto ao mes anterior un 0´7% . 3 décimas máis que a media española. O principal responsable deste descenso foi o abaratamento da roupa e do calzado polas rebaixas de verán. Malia esta baixada os prezos subiron con respecto ao ano pasado. A inflación interanual situouse na comunidade no 2%, unha décima máis que a media estatal, segundo un informe publicado hoxe polo Instituto Nacional de Estatí

En Galicia, o vestido e o calzado, cun descenso do 11,6 por cento, liderou a baixada dos prezos no mes anterior. Só este grupo e o enxoval, que rexistrou un 0,5%, tiveron unha reducción de prezos.

Os grupos que rexistraron unha maior caída do IPC foron os do lecer e a cultura, un 1,5 por cento. Hoteis, cafés e restaurantes, transporte, bebidas alcohólicas e tabaco foron outros dos sectores que máis suba experimentaron.

Sociedade