Galicia, unha das comunidades con menor taxa de paro, segundo un informe de Caixa Galicia

Galicia, unha das comunidades con menor taxa de paro, segundo un informe de Caixa Galicia

10 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Caixa Galicia prevé que na nosa comunidade a taxa de paro oscile entre o 17,34% e o 18,51%  a finais do 2010. Estas cifras extraénse dun informe sobre a situación económica que vén de publicar Caixa Galicia respecto ao segundo trimestre do ano. Deste xeito, en función das previsións da entidade, o número de persoas desempregadas situarase a finais de decembro entre as 225.400 e as 240.000, fronte ás 200.600 de principios de ano.

A insuficiente demanda constitúe o principal factor que limita a producción industrial galega. O informe aclara que neste segundo trimestre de 2010 todos os grandes sectores económicos perderon ocupación. A construcción mantense nunha situación desfavorable que arrastra ao sector servizos. Ademais a contratación indefinida veuse afectada producíndose un lixeiro incremento na temporalidade.

A evolución do Produto Interior Bruto (PIB), caeu un 1,7% no segundo trimestre de ano, porén a situación de crise persiste, máis o retroceso leva un ritmo inferior ao estimado en 2009. A entidade bancaria, presaxia unha paulatina recuperación da economía que podería verse afectada polas recentes medidas de axuste do déficit adoptadas pola Administración central.

A crise afectará máis sobre o desemprego na economía española que en Galicia. A nosa comunidade, apúntase, terá unha das taxas máis baixas do Estado.

Sociedade