Galiza conmemora os centenarios de Torrente Ballester e Luís Seoane

Galiza conmemora os centenarios de Torrente Ballester e Luís Seoane

08 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O centenario do nacemento do escritor ferrolán, Gonzalo Torrente Ballester, centrará boa parte dos acontecementos culturais galegos neste ano 2010. Coprotagonistas serán os tamén galegos, Luís Seoane ou Maruja Mallo. Os actos comezarán no mes de marzo.

A Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) apoiará en 2010 a exposición 'Gonzalo  Ballester', da Fundación que leva o nome do escritor ferrolan, que conmemorará o primeiro centenario do seu nacemento de xeito itinerante por Santiago de Compostela, Pontevedra, Nigrán, A Coruña e Ferrol.

Ferrol será un dos escenarios de referencia, e permitirá sacar á luz textos inéditos do escritor, textos, nalgúns casos manuscritos que se amosarán ao público na Fundación Caixa Galicia de Ferrol durante a Semana Santa. Alí estará tamén a correspondencia que o autor de La saga/fuga de J.B. mantivo cos amigos máis cercanos durante a sua estancia, como profesor visitante, na universidade norteamericana de Albany.

Ademáis da exposición que se celebrará en Ferrol arredor da Semana Santa, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, haberá na cidade unha segunda mostra, impulsada polo departamento de Cultura do Concello, adicada á relación de Torrente co mar. Pero non só a narrativa quedará reflexada na Mostra, tamén outras facetas menos coñecidas do autor ferrolán como a sua incursión no cine e na fotografía, segundo a profesora Carmen Becerra.

Por outro lado, será un fenés, Alberto Ruiz de Samaniego, o encargado doutro acontecemento cultural relevante neste 2010, o centenario de Luís Seoane. Alberto Ruíz de Samaniego, salienta a estancia de Seoane na Arxentina, onde se integra moi ben naquela sociedade tan avanzada intelectualmente. Bos Aires era unha das capitais mundiais da cultura. A obra desplegada por Seoane na Arxentina é a menos coñecida por nós. Neste centenario sairá á luz.

Sociedade