García Villaverde (Verdegaia): “Urxe a creación dunha rede galega de cidades con consumo responsable”

García Villaverde (Verdegaia): “Urxe a creación dunha rede galega de cidades con consumo responsable”

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mercar o realmente necesario con criterios éticos, sociais e ambientais. Esta é a máxima dunha compra responsable que agora se extende tamén ao ámbito público. O Concello de Ferrol aprobou hai uns días por unanimidade, a moción de compra pública responsable presentada por Amarante e Verdegaia. Esta mesma moción xa foi tamén aprobada en Ribadeo e Boiro. Iso si, Ferrol é a primeira das grandes cidades galegas en asum

Independentemente dos cambios de goberno municipais, tería que sumarse á cultura política o exemplo do Concello de Ferrol, declarou satisfeito en Radiofusión, un dos membros da Comisión Permanente de Verdegaia e responsable da área de Paz e Globalización, Xosé María García Villaverde. Asemade agarda que non quede todo nunha mera declaracións de intereses polo que farán un seguimento da moción. A partir dagora o concello ferrolán terá que seguir estes criterios de compra responsable nas contratacións, convocatorias e adquisicións. Priorízase a contratación de empresas de economía social ou cooperativas similares, nos comedores públicos e locais veciñais a compra de produtos ecolóxicos ou a roupa dos traballadores municipais que atendan a critérios éticos (que moitas veces non se teñen en conta na industria téxtil). En resumo “aplicar os nosos costumes á xestión colectiva”.

Para acadar este obxectivo fasie obrigado formar aos funcionarios coa aportación das ferramentas axeitadas. “Cómpre a formación e intercambio de información entre concellos con mais experiencia e os que se incorporan e a creación dunha rede galega de cidades que practican unha compra pública responsable”, subliñou García Villaverde. O proxecto dunha futura rede precisa de certo tempo. Polo momento traballarán na formación no Concello de Ferrol para sentar unhas bases sólidas cara a súa consolidación. 

A iniciativa extenderanna por todo o território  galego pero coa aprobación unánime dos diferentes grupos das corporacións. Requírese o apoio de todos para que perdure, asegurou, xa que a súa posta en funcionamento e consolidación precisa dun longo proceso.

Sociedade