A Garda Civil decomisa 960 kilos de pescado ilegal na lonxa de Celeiro

A Garda Civil decomisa 960 kilos de pescado ilegal na lonxa de Celeiro

21 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Garda Civil descubriu e decomisou preto de 100 quilos de lirio descargado ilegalmente e que se dispoñía a ser cargado en camións para a súa posterior venda. A etiquetaxe era incompleta e falsa e o peixe non se podería comercializar, xa que actualmente consta unha prohibición sobre a súa captura.

A Garda Civil, a raiz dunhas investigacións relacionadas con un suposto delito de falsedade documental ten coñecemento de que no porto de Celeiro, en Viveiro podería estar entrando para a súa venda partidas de lirio que actualmente está prohibida.
Tras efectuar unha inspección na zona de carga de peixe da lonxa sur do porto de Celeiro, detectaron entre os pales, caixas das que saía auga. Os pales estaban preparados apra cargarse en camión con destino a varias cidades de Andalucía e estaban flexados, polo que non se podía ver o interior se non se abrian. Examinada unha das caixas os axentes observan que o peixe que conten no seu interior non se corresponde coa etiquetaxe que reflexa que debería ser pescada fixota e pola contra conten lirio. Ademais a data de envasado figuraba o 21 de xuño, cando a inspección se estaba a realizar a día 20. A etiqueta tampouco reflexa que é un producto desconxelado, nin  cal foi o método de extracción, nin a zona de captura, asi como tampouco aparece o envasador nin o centro de expedición.
Sobre o lirio consta unha prohibición de pesca actualmente, polo que se decomisaron a totalidade da carga contida en tres pales,  quedando precintada e á espera de ser entregada a un centro benéfico da zona. A cantidade total ascende a 960 kilos de peixe.
Xa no mes de abril se decomisara unha cantidade de preto de 300 kilos de xarda, tamén descargada e transportada en camións que foron interceptados pola Garda Civil. O segemento daquela investigación deu agora lugar a este novo decomiso de peixe ilegal.

Sociedade