A Garda Civil investiga as circunstancias do accidente de Franza

A Garda Civil investiga as circunstancias do accidente de Franza

21 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Garda Civil de Tráfico espera deter nas vindeiras horas ao autor do atropelo de Franza en Mugardos. A investigación redacta ademais un informe sobre as circunstancias nas que se produciu o accidente. A cuestión ten a súa importancia xa que as acusacións ao conductor dependen do lugar exacto onde o vehículo alcanzou ao peón.

O informe determinará se o viandante invadiu a estrada ou se pola contra, o vehículo saiu da calzada. En calquera caso o atropelo tivo que provocar importantes desperfectos no turismo, polo que a Benemérita espera localizar en breve o vehículo e ao seu propietario. O seu conductor pode ser acusado de homicidio por imprudencia, ademáis de denegación de auxilio e omisión do deber de socorro.

 

Arredor das 6,30 da mañá do domingo un automobilista alertou aos servizos de emerxencia dun home tirado no chan na rotonda de Franza estrada de Mugardos (A Coruña). O 061 unicamente puido certificar a morte do home, cando chegou ao lugar. O atropelo causou a morte de xeito instantaneo a Jose Manuel Garcia Vigo, de 40 anos de idade, natural e veciño de Franza en Mugardos. O sepelio terá lugar as catro e media desta tarde no cemiterio parroquial de Franza.

Sociedade