Gastronomía e cultura na Parrocheira

Gastronomía e cultura na Parrocheira
04 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Música, gastronomía e cultura integran o programa das festas da Parrocheira” asegura o presidente da comisión de festas Emilio Romero. As festas da Parrocheira chegan a Ferrol vello a vindeira semana. O programa estendese entre o venres oito e o domingo dez de setembro.  O capitán do Racing Alex López pronunciará o pregón das festas o venres ás sete e media da tarde. Ese dia actuarán a rondalla Só Elas e Nuevo Plan.

ESCOITA O PODCAST:

O presidente da comisión de festas de Ferrol vello Emilio Romero fala do programa:
http://173.255.131.18/audio/310823ROMERO.mp3

Fotografia Xan Xe

O sábado comezará o encontro de embarcacións tradicionais, Cabuxa Blues encargarase das pezas do mediodía e haberá unha comida popular de exaltación da vieira da ria, parrochas e arroz mariñeiro.  Homínidos Trío e Mártires del Rock and Roll actuarán o sábado pola noite. Eva e Camiño encargaranse da sesión vermú do domingo animando a concentración dos siareiros do Racing. Nesa xornada haberá xantar con marmitako de bonito ao prezo de 12 euros o prato . Señor X e Sacha na Horta encárganse da verbena na  noite do domingo. Festas da Parrocheira, entre o venres oito e o domingo dez de decembro. 

 

 

Fotografía Xan Xe

Festas da Parrocheira 2022

Sociedade

Publica o teu comentario agora