Gastronomía e cultura nunha nova edición da Festa do Queixo de Arzúa

Gastronomía e cultura nunha nova edición da Festa do Queixo de Arzúa

14 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Arzúa está a celebrar a trixésimo cuarta edición da Festa do Queixo. Un evento que vai máis alá do aspecto gastronómico e que ten tamén unha importante vertente cultural.

Dúas das propostas máis novidosas e arriscadas da programación da Festa do Queixo de Arzúa deste ano é o obradoiro de queixo para editores de blogs, unha experiencia gastronómica que segundo o concelleiro de Cultura da localidade, Xosé Luís García, contribuirá á divulgación do Queixo de Arzúa a través de internet. Ademais, tamén se levou a cabo o concurso de maquetas Queixo Maquetón. E falando de música, hai que destacar o cartel deste ano. Ás nove desta noite acturán Le Punk, seguidos de Vetusta Morla, banda gañadora dun recente Premio da Música, para rematar cara a unha e media da madrugada co gañador do concurso de maquetas. Mañá pola tarde poderedes gozar dos cataláns Always Drinking Marching Band; e ás sete dará comezo a actuación de Uxía e a súa banda lusófona para rematar con Vaamonde, Lamas e Romero.  Outras das propostas son o taller de arte e natureza: o queixo e os espectáculos de danza aérea, tradicional e o obradoiro de capoeira.

Sociedade