Gayoso e Méndez declararán no xulgado o 19 de setembro

Gayoso e Méndez declararán no xulgado o 19 de setembro

15 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O xuízo pola comercialización de participacións preferentes e subordinadas, tras a demanda presentada pola Fiscalía Superior de Galicia, celebrarase o próximo 19 de setembro, segundo notificou ao Ministerio Público o Xulgado de Primeira Instancia número 11 de A Coruña. Na vista, fixada para as 10.30 horas, resolverase sobre a acción de cesación na comercialización destes produtos, despois de que o xulgado inadmitise a tr&aacu

A Fiscalía chamará a declarar, como testemuñas, a máis de 650 persoas, entre eles o exdirector xeral de Caixa Galicia José Luis Méndez; o que foi presidente de Caixanova Julio Fernández Gayoso e o presidente executivo de Novagalicia Banco, José María Castellano, segundo informa nun comunicado. O Ministerio Público presentou, en xullo do ano pasado, a súa demanda "en defensa dos intereses colectivos" dos afectados pola comercialización destes produtos fronte ás entidades Caixa Galicia, Caixa Nova e NCG Banco.

Sociedade