A gloria de trabar nun tomate ecolóxico

A agricultura ecolóxica reduce á metade a emisión de gases invernadoiro
19 de Novembro, 2020 - 10:42 h. | Publicada por Radio Fene

Falamos de agricultura ecolóxica con Margarita Rodríguez de ECO4 Narón. Todas son vantaxes para os consumidores e para o medioambiente.

ESCOITA O PODCAST:

En ecolóxico xa temos de todo para alimentarnos; legumes, hortalizas, lácteos, carnes… “Hai que dar marcha atrás” volver á maneira de producir que tiñan os nosos avós, ao modelo produtivo tradicional que non utilizaba pesticidas nin herbicidas, usaba abonos naturais e respectaba os tempos da terra e de maduración dos productos. O resultado é o respecto polo medioambiente, o sabor dos produtos e a nosa mellor saúde ao evitarlle ao corpo a inxesta de tóxicos. “Moitas enfermidades derivan do que respiramos e do que comemos” asegura Margarita Rodríguez, de ECO4. Neste momento a agricultura moderna é culpable do 30% dos gases efecto invernadoiro. A agricultura ecolóxica reduce as emisións nun 50% porque a terra ten unha mellor absorción do carbono, grazas ás rotacións e á falla de produtos químicos. Así que a agricultura ecolóxica mellora o medioambiente e ten conciencia tamén co benestar animal. Cando botamos o dente a un tomate ou a unha froia ecolóxica non fai falla ningún argumento mais.

Sociedade

Publica o teu comentario agora