Gorentosos e nutritivos

Gorentosos e nutritivos
15 de Abril, 2019 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

Os chourizos son embutidos de carne de porco picada en anacos grandes, con touciño, adubada nun amoado de sal, allo, ourego e pemento doce e picante. Embútense na tripa fina do mesmo porco ou da tenreira, e afúmanse con follas de loureiro para conservalos ao aire.

Chourizos no Mercado da Magdalena en Ferrol

Os chourizos de carne que incluso levan raxo, coa metade de touciño, gárdanse pouco tempo, afumados para comer secos, en fresco, ou para gardalos envasados ao baleiro. Outras veces gárdanse na graxa do porco ou en aceite, fríos, máis nunca conxelados. A longaínza ou chourizo do cocido, feita doutras carnes, dos bofes do pulmón e o corazón, dura pouco e non se garda, segundo asegura Fausto Galdo no libro Abecedario das mantenzas, publicado por Edicións Xerais.

Sociedade

Publica o teu comentario agora