Gozando co trad

Gozando co trad
03 de Novembro, 2019 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

A música tradicional tamén pode ter un estilo contemporáneo. Púxose así de manifesto na XXXI Xuntanza de Gaiteiros organizada por Airiños de Fene. O grupo de cantareiras Xerfa, Encrucillada, La Musgaña e Airiños de Fene fixeron desfrutar ao público que encheu o salón de actos da Sociedade Agarimo de Sillobre en Fene. 

Encrucillada na XXXI Xuntanza de Gaiteir@s 2019

A presentadora do acto, Ana Santiago, pediu un aplauso ao público para a sociedade Agarimo, entidade que cumpreu os cincuenta anos de vida. 

Airiños de Fene conta cunha nova sección, Setestrelo, que se suma ás xa existentes: Xerfa, Xirifeiras, Cambadela e Tradicoro. Setestrelo responsabillizouse da produción, posta en escena e representación dos espectáculos "Terra" e "O Camiño". Ademáis Airiños de Fene ofrece escolas de gaita, percusión, pandeireta, baile e iniciación ao baile e canto, a partir de tres anos. 

Cultura

Publica o teu comentario agora