A Graña xa parece un queixo gruyere, afirma Azucena Muiños

A Graña xa parece un queixo gruyere, afirma Azucena Muiños

11 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Veciñal da Graña e o Club do Mar de Ferrol reiteran a súa oposición á construcción dun novo viaducto sobre A Malata para o acceso por tren ao porto exterior. As entidades presentaron as súas alegacións e defenden un traxecto polo interior que sexa máis respetuoso coa ría.

Falamos do polémico viaducto sobre a Malata co que se pretende, dende o goberno central, levar o tren ao porto exterior de Ferrol. O BNG considera que o devandito viaduto “incumpre todos os obxectivos da normativa medio-ambiental”. Sinalan que que son moitos os piares previstos para levantar a súa estrutura (once), de formigón, e que na práctica suporá o estancamento das augas na enseada. O ministro de Fomento José Blanco actuou como os virreis que ían visitar as colonias -afirmou Pita- e o alcalde fixo de lacaio sumiso”. O portavoz do BNG criticou tamén as medidas correctoras que propón o proxecto. Considerou “ridículo” que se presente como compensación ó viaduto un paso peoníl e asegurou que a altura dos piares non vai permitir o paso de embarcacións por debaixo. Nas alegacións do Bloque se indica que esta circunstancia vai impedir a navegación “tanto no seu aspecto máis lúdico como no preciso de limpeza e rexeneración das augas e fondos da ría”. Sinalou, igualmente, que a obra rematará coa riqueza marisqueira da zona, unha das que máis visitas recibe na cidade por ser un importante foco de actividades de esparcemento e lecer para a poboación.

Ademais do BNG e de EU, duas entidades, a Asociación Veciñal da Graña e o Club do Mar de Ferrol opóñense ao proxecto do acceso  ao porto exterior tal e como está trazado, un estudo informativo que está estes dias en exposición pública. O polémico viaducto dana a ensenada da Malata  e non é o máis barato como contan, segundo os representantes das asociacións críticas coa iniciativa.

“A Graña parece un queixo gruyere” entre o tunel que había e o que se quere facer agora, un viaducto de 225 metros con 11 pilares é a morte da ensenada da Malata. Quen así opina é a presidenta da AVV da Graña que esta mañán en Radio Fene declarou que a ría xa non pode con máis agresións. “Non nos opoñemos ao tren pero sí ao trazado escollido”, engadiu.  

Segundo César Bedoya, do Club do Mar, o viaducto é unha especie de trampa. Segundo os redactores do proxecto éste apenas ten impacto ambiental.  Para o presidente do Club do Mar afecta á ría gravemento. O viaducto afecta primeiro á navegación e despois ás especies. O dia en que os barcos non circulen, todo será unha peste, afirman. 

O dique da Graña é dos máis activos de Galicia e catalogado dentro da candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade. Os outros proxectos non tocan a ria, irían polo interior e os afectados creen que calquera dos dous son máis adecuados porque conectan o porto exterior directamente cos polígonos industriais, sobre todo o que circula máis ao norte.

As duas entidades rexeitan o estudio porque é engañoso e tendencioso: Afirman entre outras cousas, que:

1. Os planos son antigos, non recollen novas obras feitas que chocan co novo proxecto en varios puntos. Os datos topográficos están caducos.
2. Non contemplaron a execución dun tunel submarino entre o carboeiro e a Graña para unilo ao que procede de Prioriño, no caso de elexir o proxecto sur.
 
A presidenta da AVV da Graña,  Azucena Muíños, falou no último pleno de Ferrol pero non logróu o consenso dos grupos políticos. Azucena Muíños pensa que a corporación de Ferrol, á que votaron os veciños, ten a obriga de defendelos, pero a dia de hoxe o PSOE, PP e IF aínda non presentaron as alegacións, só o fixeron EU e o BNG.  O xoves remata o prazo para presentalas. Á larga os grupos politicos vánno pagar, sentenciaron os representantes veciñais.  Están dispostos a ir a un contencioso administrativo e a movilizarse.

Sociedade