Gran espectáculo en San Valentín….Viva o fútbol sala

Gran espectáculo en San Valentín….Viva o fútbol sala

12 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Esteo de As Pontes e Begasucegsa Unidade de Fene coñécense moi ben. Isto parece un tópico pero é unha realidade. Ámbolos dous equipos saben as potencialidades e as debilidades do rival e intentan rendabilizar todos os factores ao seu favor. Isto ocurreu o sábado no pavillón de A Xunqueira de San Valentín cun intenso frio de testemuña ambiental. O partido rematou con empate a cinco goles e foi un resultado xusto. Os dous equipos xogaron para ga&n

O Esteo das Pontes intentou dominar o xogo dende o primeiro asubio pero o Begasucegsa Unidade de Fene non estaba polo labor. Comezou marcando o conxunto de Julio Sabin e ademáis logrou meter máis terra por medio coa consecución dun segundo tanto. Con 2 a 0 chegouse ao tempo de descanso. O Esteo tiña que reaccionar e reaccionou. Logrou empatar o partido e ademáis deu a volta á tortilla xa que se colocou cun 2 a 3. A partir de aquí a competición tivo unha intensidade total, tanto no aspecto táctico como fisico e tamén técnico. Houbo de todo e ao final o partido rematou con empate a cinco goles. Un resultado xusto.

Deportes