Gran sensibilidade musical

Gran sensibilidade musical
04 de Marzo, 2020 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

Carla de Figueredo é unha persoa moi especial cunha gran sensibilidade musical. Ten unha voz negra,digna das grandes divas do soul e do blues. Sáese dos seus concertos con pel de galiña. Lidera a banda Madame Bird, con José Triay (guitarra), Toñete Martín (baixo), Sergio López (teclados)e Martín Aparicio (batería).

ESCOITA O PODCAST:

Sabela Regueira, de Guión Club de Pontedeume, fala dos grupos Señor X e Madame Bird

http://173.255.131.18/audio/040320REGUEIRA.mp3

Os grupos musicais louban as condicións acústicas da sala Guión Club

Madame Bird e Señor X actúan este sábado ás once da noite na sala Guión Club de Pontedeume. A entrada custará 10 euros.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora