Grand's, Skandalo GZ e Estado de Sitio, finalistas do II concurso de maquetas Millo Verde

Grand's, Skandalo GZ e Estado de Sitio, finalistas do II concurso de maquetas Millo Verde

03 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A organización do concurso deu a coñecer hoxe as tres agrupacións que deberán enfrontarse nun concerto o vindeiro 18 de abril as 20:00 horas.O rock dos porriñeses Estado de Sitio, os temas hip-hop dos moañeses Grand’s e a música ska da banda ponteareana Skandalo GZ, fixo a estes tres grupos merecedores de pasar á final no II certame de maquetas convocado pola asociación Millo Verde.

Os tres finalistas foron seleccionados entre un total de 35 grupos procedentes de toda a xeografía galega como Vedra, O Porriño, Sarria ou A Coruña, entre outros.

A final terá lugar o vindeiro 18 de abril cun concerto aberto ao público que se vai desenvolver na antiga feira do gando. Ademais dos tres finalistas actuarán como grupo invitado e fora de concurso o grupo redondelán Beatus Ille. O público asistente será cos seus votos o que elixa ó gañador do certame.

Cultura