Grazas, grazas

Eume 0- Perlío 2
14 de Maio, 2019 - 11:25 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío non para co fin da súa participación na copa. Ten dúas semanas por diante para preparar os compromisos do mes de xuño, entre eles a copa AFACO ou os torneos de Caranza e Industriais de Perlío.

ESCOITA O PODCAST:

Trunfo do Perlío para poñer o ramo na súa participación na Copa. Gañaron o encontro grazas a poder xogar como queren, coa posesión do balón. A calor influíu no encontro no que correron menos do habitual. As do Eume sofriron máis porque non tiñas recambios. Agora as mozas do Perlío teñen duas semanas de descanso, sen competicións, que van aproveitar para preparar os novos retos do mes de xuño, entre os que está a copa AFACO, na que participan Perlío, Maniños, As Pontes e Amistade de Meirás.

O sabado 15 de xuño xógase a modo de liguiña, todas contra todas, no campo dos Pinares. O domingo seguinte xogan no Trofeo Industriales de Perlío. Polo medio hai torneo de verán en Caranza. En fín que durante o mes de xuño, volveremos falar do Perlío e do seu papel nestes compromisos. De momento o técnico, Juanjo Lorenzo, que continuará ao frente do equipo na próxima temporada, quere dar as grazas.

Deportes

Publica o teu comentario agora