Guelbenzu gaña o Torrente Ballester no centenario do autor ferrolán

Guelbenzu gaña o Torrente Ballester no centenario do autor ferrolán

17 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O escritor e crítico literario José María Guelbenzu gañou o premio de narrativa “Torrente Ballester” que convoca a Deputación Provincial da Coruña na súa XXII Edición. A obra gañadora leva por título “El hermano pequeño”, da que o xurado salientou “a maxistral construción dunha intriga cuxo desenvolvemento se enriquece cunha complexa caracterización psicolóxica dos personaxes, unha

Guelbenzu iniciou a súa traxectoria como novelista coa obra “El Mercurio” no ano 1968 e dende entón entregouse a unha prolífica produción entre a que sobrancea “El río de la luna”, Premio da Crítica en 1981 ou “La tierra prometida”, co que gañou o Plaza y Janés dez anos máis tarde. É unha das personalidades máis relevantes no mundo do libro en España, xa que exerceu durante anos de director editorial de Taurus e Alfaguara e a partir do ano 1988 converteuse nun dos críticos máis respectados dende as súas columnas no xornal “El País” e no suplemento literario “Babelia”.

Cultura