Guillerme Vázquez na homenaxe a Francisco Allegue

Guillerme Vázquez na homenaxe a Francisco Allegue

02 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego Guillerme Vazquez intervirá no acto de homenaxe a Pancho Allegue. O edil morreu o 4 de setembro de 2005 e o Bloque quere honrar a memoria do concelleiro como recoñecemento do seu compromiso persoal coa industria, con Fene e con Galicia.

O acto estará cargado de futuro segundo a formación política, que di que a cidadanía precisa de armas máis eficaces e contundentes na defensa dos dereitos humanos. Os nacionalistas manifestan que non lles serve “a inoperancia, desleixo e abandono do goberno local”,pero tampouco “a agresividade da dereita que, dende a Xunta de Galicia, quere borrar o nome de galego do mapa”.

A homenaxe terá lugar este venres 4 de setembro ás 6 da tarde no Parque Castelao de Fene.

Sociedade