Guitiriz acollerá tres finais da XXVII Copa Deputación de Fútbol

Guitiriz acollerá tres finais da XXVII Copa Deputación de Fútbol

18 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Campo municipal de fútbol de Guitiriz acollerá, o domingo a partir das 16.30 horas, as finais de 1ª autonómica e Preferente da XXVII Copa Deputación de Lugo de Fútbol, ademais da feminina, tal e como comunicou onte o delegado de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, na presentación do evento. No acto acompañaron a Antonio Veiga o delegado da Federación Galega de Fútbol e director deportivo do CD. Lugo, Car

Segundo informou o delegado lucense, o campo  da Veiga de Guitiriz será o estadio onde, a partir das 16:30 h. as rapazas da Milagrosa e o Friol disputarán a final feminina e, seguidamente, ás 19:00 h., o Chantada e o Santaballés veranse as caras para dirimir quen é o campión da XXVII Copa Deputación de Lugo de 1ª e Preferente Autonómicao. Ademais, o campo municipal do Corgo acollerá a final da XXVII Copa Deputación de Fútbol para equipos de 2ª e 3ª Autonómica, que terá lugar o sábado ás 17:30 h. entre o Xermade e o Calasancio..

Antonio Veiga destacou o grande esforzo que a Área de Deportes da Deputación realiza para organizar esta competición, achegando ao redor de 90.000 euros para compensar aos equipos por eliminatoria gañada (385 euros aos de 2ª e 3ª Autonómica e 450 euros aos de 1ª e Preferente) máis os importantes premios para os gañadores e subcampións das súas categorías. Isto funciona ademais como un estímulo para os equipos xa que resulta unha achega importante de cara aos seus orzamentos. Antonio Veiga explicou que a Área de Deportes da Deputación desenvolve tamén un importante traballo de mellora das instalacións deportivas das comarcas lucenses, como poden dar boa mostra os campos do Corgo e Guitiriz, nos que se disputarán as finais, cuxo céspede foi remodelado de novo grazas ao apoio desta institución.

Supercopa en A Pastoriza
Pero ademais, Antonio Veiga anunciou que a SuperCopa Deputación, que enfrontará ao gañador da final de 1ª e Preferente, ao da final de 2ª e 3ª Autonómica, e ao CD. Lugo como máximo expoñente do fútbol lucense, terá lugar no campo de fútbol da Pastoriza, que este ano estreou céspede grazas ao investimento de preto de 140.000 euros por parte da Área de Deportes da Deputación. A data escollida para a SuperCopa xirará entorno a primeiros de agosto, en función da dispoñibilidade do CD. Lugo.

Pola súa banda, Carlos Mouriz, delegado da Federación Galega de Fútbol, agradeceu todo o esforzo que está a realizar a Área de Deportes da Deputación apoiando o fútbol lucense e afirmou que o exemplo de que esta Copa Deputación é un éxito está en que participan case a totalidade dos equipos da provincia excepto algúns de preferente e primeira autonómica por cuestións de orzamento.

Cultura