Guitiriz inaugurou o Curso de Verán da USC “Paisaxes Naturais, Paisaxes Culturais”

Guitiriz inaugurou o Curso de Verán da USC “Paisaxes Naturais, Paisaxes Culturais”

21 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Buscar a relación entre paisaxe e cultura é o principal obxectivo que se pretende acadar cos seminarios impartidos durante tres días, dende hoxe ata o venres 23.

O técnico de Xestión Cultural e Museólogo da Deputación da Coruña, Felipe-Senén López Gómez, foi o encargado de abrir as xornadas coa súa conferencia “A sacralización da paisaxe”.
Preto de 50 persoas disfrutarán na Casa Haba

Na súa intervención, o museólogo Felipe- Senén López, quixo dar a coñecer algúns monumentos paisaxísticos galegos coma o Pico Sacro de A Coruña, o Monte do Pindo de Carnota ou as Penas de Rodas de Outeiro de Rei, entre outros.  Monumentos todos eles feitos de pedras que segundo o interventor  son materiaris que están “correndo perigo”, pola súa venda como material construtivo.
As anécdotas en torno a todos estes lugares xunto coa explicación histórica e cultural que caracteriza a cada un deles centraron a charla do arqueólogo.

Felipe- Senén aproveitou tamén para dar conta do deterioro ambiental e cultural que sofre Galicia na actualidade, avogando pola súa recuperación. Así, afirmou que nos atopamos ante unha situación de “anomia” , de degradación cultural dun pobo que ten os seus efectos e comportamentos como poden ser “os feísmos que vemos por todas partes”.

Cara o remate das xornadas de conferencias de cada día os inscritos neste curso de verán poiderán ter a oportunidade de presenciar a proxección de documentais en relación cos temas abordados. O primeiro día visualizarase o que leva por título“As paisaxes Chairegas”, mentres que nos seguintes  se exporán os de “A paisaxe agroecolóxica” e “Fala e terra desta miña terra”. Durante os días nos que dure o curso tamén se pode visitar a exposición fotográfica “Naturalidade” na que os que o desexen contemplarán múltiples fotografías do Patrimonio Natural de Galicia.

Ademáis de Felipe-Senén, un total de 11 expertos en Arqueoloxía, Enxeñaría Agroforestal, Antropoloxía Social e Cultural, Economía, Historia ou Comunicación Audiovisual, pasarán pola Casa Habanera de Guitiriz para dar a súa perspectiva con respecto á relación que pode existir entre a paisaxe e a cultura.

A clausura do Curso “Paisaxes Naturais. Paisaxes Culturais” correrá a cargo da Catedrática de Comunicación Audiovisual Margarita Ledo Andión que falará sobre o significado da paisaxe como figura fílmica.

O punto e final das xornadas vaino marcar a presentación do libro “ Cultura e Paisaxe”, unha recompilación das conferencias impartidas o ano pasado na mesma localidade.

Sociedade