Guitiriz tratará a represión franquista en Aranga nunha charla coloquio o vindeiro sábado

Guitiriz tratará a represión franquista en Aranga nunha charla coloquio o vindeiro sábado

03 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A represión franquista na franxa limítrofe entre A Coruña e Lugo, en concreto no Concello de Aranga, será o tema principal da charla coloquio sobre as fosas comúns que a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña está a desenterrar neste municipio coruñés. O lugar escollido para o evento é a Casa das Palabras de Guitiriz e a data o vindeiro sábado 5 de xuño contra as 21.00 horas.

Os participantes no coloquio "As fosas de Aranga. A represión franquista en 1936" serán o coordinador da Asociación Xermolos, Alfonso Blanco Torrado, Emilio Grandío Seoane, profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e o investigador Santiago Fernández.

Este acto está organizado pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, a Asociación Cultural "Eira Vella" e a Asociación Cultural Libre de Paderne "Roxín Roxal".

Sociedade