Gumersindo Galego (PP) elexido alcalde de Fene

Gumersindo Galego (PP) elexido alcalde de Fene

11 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Pedro Galego Feal do Partido Popular resultou elexido este mediodia alcalde de Fene, ao encabezar a lista máis votada nas eleccións municipais do pasado 22 de maio. Na primeira votación Galego logrou 6 votos por 5 de Iván Puentes (PSdeG PSOE) 5 de Juventino Trigo (BNG) e 1 de María del Carmen Martínez (Esquerda Unida). Ao non conseguir ningún candidato os 9 votos que representan a maioría da Corporación, quedou

"Un ten que estar ás duras e as maduras" manifestou Iván Puentes tras realizarse a proclamación do novo alcalde. Nun tono institucional, agradeceu a colaboración aos compañeiros do goberno municipal, aos traballadores do Concello e a confianza depositada polos veciños e veciñas de Fene "que me permitiron durante 4 anos ser alcalde". Prometeu ao Partido Popular "oposición leal" e indicou que "o novo goberno terá unha man tendida para facer este pobo gobernable".

Galego (PP) expresou o seu desexo de facer un municipio máis próspero, comprometeu o seu traballo e tivo unha lembranza para as anteriores Corporacións e para Xosé María Rivera Arnoso e Iván Puentes, "que sempre seguirán a ser alcaldes de Fene". Recordou ao seu pai, que tamén foi alcalde de Fene na década dos anos 60. "Vamos ter que mirar á dereita e á esquerda, pero o noso centro vai ser Fene" manifestou Galego quen salientou que "as obras non teñen cór e a pesar das discrepancias políticas, todos poden prestar os seus apoios e as súas suxerencias". "Polo noso futuro, levantamento do veto a Astano, xa"  será un dos lemas da Corporación, indicou o novo alcalde, sinalando que lle daba igual a cór política da Xunta de Galicia e do goberno central. 

 

Xa fora da sesión plenaria, Juventino Trigo (BNG) explicou a postura do seu grupo, recoñecendo que ao PSOE "votáronno 2072 veciños e veciñas de Fene". Pero Trigo asegurou que o candidato socialista xenera un "altísimo rechazo entre os 9971 veciños que non o votaron". Precisou que só hai que sair á rúa e preguntarlle á xente para constatar "esa evidencia". O BNG asegurou estar interesado pola gobernanza do Concello de Fene pero acusou tamén aos socialistas de non estar interesados en construir unha maioria alternativa de esquerdas ao Partido Popular xa que "se negaron a estudar a posibilidade de contar con Esquerda Unida nun hipotético acordo e só lle interesaba a alcaldía para Ivan Puentes".

A concelleira Amalia García Balado e o alcalde en funcións Iván Puentes constituiron a mesa de edade e tomaron a todos os  concelleiros e concelleiras xuramento ou promesa de acatamento á Constitución. No Partido Popular, Gumersindo Galego e José Andrés Serantes prometeron acatamento, pero Rocío Bértoa, Juan José Franco e Juana Barro inclináronse pola fórmula do xuramento. A totalidade dos edís do PSOE, BNG e EU optaron pola promesa.

O desacordo

O PSOE e o BNG asinaron un pacto de goberno no ano 2007. En xuño do 2009 rompeuse o citado acordo e os nacionalistas sairon do goberno municipal, alegando paralise e ineficacia na xestión socialista. Tamén acusaban ao PSdeG PSOE de opoñerse á reclamación da construcción de barcos para Navantia Fene e queixábanse de mala fé do alcalde, ao denunciar no xulgado ao anterior mandatario Rivera Arnoso, por unhas obras nun edificio de propiedade municipal.

Sociedade