Guru Deva promociona Vago

Guru Deva promociona Vago

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O cotidiano, os problemas e vivencias persoais é a temática da música de Guru Deva,, un grupo de pop-rock da Coruña que esta noite presenta o seu segundo disco en Culleredo. E o punto de partida dunha xira que os levará por numerosas localidades galegas.

Logo de case cinco anos do seu debut discográfico ("After All", Rock indiana, Madrid, 2003), Guru Deva volverá subirse aos escenarios esta noite no Forum Celticum do Burgo Culleredo (22,30h.), como antesala do que será a súa xira de promoción do seu novo disco "Vago", sacado pola coruñesa Wonderland e distribuído por Locomotive Music. Será a antesala da presentación que lle levará ao longo e ancho da península levando ese pop-rock que os catapultou ata o posto do segundo grupo nacional no prestixioso certamen Vila de Bilbao 2004 e que os levou a tocar por toda a península co seu anterior traballo.

Un disco gravado na tranquilidade de Cecebre, a 20 kilometros da Coruña, por Antonio Astray -Bummer-, masterizado en Metromastering, por Saul Patiño e que versa sobre a cotidianeidad, os problemas e vivencias persoais. A lirica da tristeza dá cabida a fortes emocións neste album sincero no que o mundo #parar+se e é cando xorde a necesidade de facer cancións, de dar paso inexcusable á musica. É a concepcion de "Vago" para estes gurus do pop. Despois da actuación desta noite, as próximas citas do grupo son:

3/04/09 - Sala Planeta - Sarria, Lugo

23/04/09 - La Fábrica de Chocolate - Vigo

19/06/09 - O Muiño - Cervo, Lugo

13/11/09 - Gatos - Melide, A Coruña

 

 

Cultura