Hábitos malsáns

Hábitos malsáns
02 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Vivimos nun tempo no que estamos afeitos a ter todo para xa”. Aspiramos á gratificación inmediata, que ten moitos efectos na nosa saúde e benestar como nos comentou esta semana no espazo Vilanova o psicólogo José Barcia.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Os nosos hábitos constrúennos, segundo o que comamos e o que fagamos teremos un corpo ou unha mente, todo o que facemos no día a día ten unha correspondencia no benestar e a calidade de vida”. O tempo que dedicamos aos dispositivos electrónicos e ás novas tecnoloxías, limita a nosa capacidade de atención e mesmo as nosas relacións. Antes matábase o tempo nunha sala de espera falando con outras persoas, lendo ou mesmo pensando. Agora, coa cabeza gacha consultando o móbil. A inmediatez afecta a atención e as empresas teñen interese en atraela para vender as súas mercadorías. “Temos serios problemas para centrar a atención”. Inmediatez e urxencias afectan á saúde das persoas e tamén da sociedade.

 

 

Fotografía Xan Xe (Na  imaxe, libraría Carballido, nos Castros na Coruña. Visitar as librarías é un hábito moi san)

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora