Había unha vez un circo…máxico

Había unha vez un circo…máxico

10 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En plena conmemoración do cincuenta aniversario da sociedade, esta semana visita o Círculo de Perlío o mago Cayetano Lledó. O venres presentará o seu espectáculo “Máxico Circus Cabaret”, a partir das oito do serán. A actuación encádrase na programación da Rede Cultural da Deputación Provincial e conta coa colaboración do Concello de Fene.

En “Máxico Circus Cabaret”, o patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese na obriga de disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a un mago chinés, a Groucho Marx, a un sonámbulo, á Muller Barbuda, ao Secretario do Circo, a un hipnotizador galego e a moitos máis, tentará levantar o espectáculo. 

A nova montaxe do mago Cayetano Lledó mestura maxia musical, comedia, manipulación de cartas, malabarismo de contacto, mentalismo, hipnose e clown. Unha boa combinación para atraer a todo tipo de público.

Sociedade