Haberá Felicia Pop 2020

Haberá Felicia Pop 2020
17 de Xullo, 2020 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

The Homens confirma que tocarán no Felicia Pop 2020 en Limodre- Fene, o 7 de agosto.

O grupo compostelán The Homens presentou hoxe, a través da revista dixital Vinte, o videoclip de "Verán sen fin", a primeira gravación orixinal que editan desde a publicación do seu álbum Cuarta potencia (Lixo Urbano, 2009). A canción rexistrouse no estudio A Ponte, gravada por Tomás Ageitos e masterizada por Dr. Chou. O clip é obra do videoartista Roi Fernández, Sr. Pause, que xa realizara no seu día o vídeo de 'Calamar' para o grupo. 'Verán sen fin' é o primeiro paso na nova época da banda, que gravará disco cara ao outono. Tras unha longa parada, The Homens volveron aos escenarios o pasado mes de outubro. Este verán, o grupo santiagués de pop extremo estará no Festival Felicia Pop en Limodre (Fene), o venres 7 de agosto.

Cultura

Publica o teu comentario agora