Hai máis espazos

Hai máis espazos
30 de Decembro, 2019 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

Hai máis espazos. No fútbol sete hai máis espazos que no fútbol oito pero tamén require un esforzo maior nos partidos. As xogadoras do Maniños Lucía Seoane e Mónica Martinez queren gañar a liga de fútbol sete feminino. Cristina Silvar (3), Rebeca Veiga e Paula Varela lograron os tantos do Maniños diante do Perlío. A Federación cambiou este ano a modalidade (con sete xogadoras en lugar de oito) para facilitar a formación de equipos.

ESCOITA O PODCAST:
Lucía Seoane e Mónica Martínez, xogadoras do Cultural Maniños

O Cultural Maniños aspira a vencer tanto na liga como na copa. Neste último torneo metéronse nas semifinais que se xogarán en datas aínda sen fixar entre marzo e abril.

Deportes

Publica o teu comentario agora